|
Visita libre Calquera persoa interesada pode visitar a aula da natureza e o museo etnográfico no rango horario e nas datas de apertura ao público en xeral. Un educador profesional coñecedor do contorno atende os visitantes, entrégalles material informativo e infórmaos sobre o itinerario que deben seguir para realizar unha visita completa ao museo e á lagoa. Visita guiada Grupos escolares e non escolares con diferentes tipoloxías. Nun contacto previo establécense os motivos da visita, o número de participantes, as idades, o tempo dispoñible, etc. Un educador profesional realízalles unha visita guiada polas instalacións e a lagoa e arredores. As actividades a realizar por estes grupos organizados establécense tras un contacto previo no que se determinen os motivos da visita, o número de participantes, as idades, o tempo dispoñible, etc. A partir deses datos previos, elabórase para cada grupo unha programación específica baseada nas actividades xerais. A duración e os contidos das actividades son moi flexibles para poder adaptarse ás preferencias e necesidades específicas dos visitantes. Visita guiada pola aula da natureza e o museo etnográfico O educador acompaña o grupo polas distintas salas do museo e polo contorno da braña recuperada, explicando o que se ve e respondendo posibles dúbidas. Ao final os visitantes cobren un cuestionario de avaliación da visita. Duración aproximada: 1h 30min. Proxección didáctica Presentación mediante proxector LCD dos contidos da exposición mediante imaxes dos paneis e das pezas expostas na exhibición. Duración aproximada: 20 minutos. Opcións para unha visita tipo Visita de media xornada con itinerario (Opción A) Horario | Actividade | 10:00 h | Recepción do grupo na entrada da aula | 10:15 h | Proxección | 10:40 h | Visita guiada á exposición | 11:30 h | Itinerario polo contorno con actividades | 13:00 h | Avaliación e despedida | Tardes | Visita libre e cursos ou exposicións para grupos non escolares | | Visita de media xornada sen itinerario (Opción B)* Horario | Actividade | 10:00 h | Recepción do grupo na entrada da aula | 10:15 h | Proxección | 10:40 h | Visita guiada á exposición | 11:30 h | Obradoiro (a escoller entre as distintas opcións) | 12:30 h | Avaliación e despedida | Tardes | Visita libre e cursos ou exposicións para grupos non escolares | *A opción B pode ser unha alternativa en caso de mal tempo | Prezos Taller: 1,20€ por persoa Visita guiada: 1,20€ por persoa Visita libre: gratuita |