Barro

A arxila e a caolinita extraídas deste xacemento están intimamente unidas á biodiversidade que colonizaba o substrato xeolóxico e á braña que dominaba a paisaxe. A súa extracción deu lugar á canteira e ao beneficio material cos diversos produtos alí orixinados. Esgotada esta, a restauración do espazo devólvenos unha zona húmida en nova evolución.

Este ciclo xustifica o recurso ao solo, ao barro e á cerámica –materiais reciclables–, á auga e á vexetación como elementos clave na estética da sala principal do centro.

 

barro-01

barro-02

    Contidos do museo etnográfico

  • Érase unha vez a Terra.
  • Que é a arxila?
  • Barro sodes e en barro vos converteredes.
  • Onde se forma o barro?
  • A extracción do barro.
  • O "paso a paso" da creación dunha peza de cerámica.
  • As técnicas para a elaboración de cacharros.
  • Historia da cerámica en Galicia.
  • A olaría popular galega.
  • Auga, terra, aire e lume: os catro elementos presentes na cerámica e na braña.
  • Desde os antigos ladrillos de adobe ata os modernos bloques de termoarxila.
  • As telleiras.
  • Así era un antigo forno de telleira.
  • Así funcionaba o forno dunha telleira.
  • Evolución dos fornos.
  • A elaboración dos ladrillos.
  • O proceso de elaboración da tella.
  • As novas telleiras.
 
Barro sodes e en barro vos convertiredes

A propiedade máis importante das arxilas é a plasticidade. A plasticidade fai posible que a arxila, mesturada e amasada con auga, poida ser deformada a vontade (modelada) e que conserve a súa deformación ao cesar o noso modelado. Ao secar, e desaparecer con iso gran parte da auga, a arxila deixa de ser “plástica”.

Ler máis...
 
As telleiras

As telleiras ou cabaqueiras son instalacións destinadas a elaboración de tellas, ladrillos e outros elementos de construción feitos en barro. Estaban formadas por varias partes diferenciadas en función da súa utilidade cunha disposición variable que xiraba ao redor dun elemento principal, o forno.

Ler máis...