Actividades
Actividades para grupos non escolares

Obradoiros para grupos organizados con cita previa (1 hora).

  • Usos e aproveitamentos das plantas
    Obradoiro teórico-práctico no que se imparten coñecementos sobre os usos medicinais e outros das plantas. Ademais, póñense en práctica algunhas aprendizaxes por medio de experiencias prácticas (fabricación dun ambientador natural, tinguidura dun tecido utilizando vexetais…).
  • Obradoiro de candeas
    A partir de cera de abella e doutros compoñentes, os participantes fan as súas propias candeas. O obxectivo deste obradoiro é que entendan a importancia dos produtos naturais para o ser humano.
  • Obradoiro de modelado con barro
    Preséntanse as técnicas básicas do modelado tradicional de obxectos de barro.Construción de pezas de barro con ese material e os instrumentos adecuados. Os participantes conciéncianse do avance tecnolóxico dos últimos anos e, ao mesmo tempo, favorécese o seu desenvolvemento autónomo no plano artístico.
As visitas non programadas poderanse apuntar individualmente aos obradoiros e cursos formando grupos cun mínimo de 10 persoas e un prezo de 1,20€ por persoa.
 
Actividades para grupos escolares (de 8 a 16 anos)

Obradoiros (Cada un deles ten unha duración aproximada de 1 hora e estará adaptado á idade dos rapaces).

  • Quebracabezas de/das? Brañas de Valga
    Xogo de pistas mediante o cal os participantes se sitúan xeograficamente no contorno en que viven, descobren distintos aspectos da natureza de Brañas de Valga e outros relacionados coas telleiras e o traballo do barro. Por cada acerto reciben unha peza dun quebracabezas e, ao final, todos xuntos completan o plano.
  • Análise do solo
    A partir dunha mostra de solo, os participantes observan os seus diferentes compoñentes e as características fundamentais da arxila, diferenciándoa do resto de compoñentes.
  • Obradoiro de candeas
    A partir de cera de abella e outros compoñentes, os participantes fan as súas propias candeas. O obxectivo deste obradoiro é que entendan a importancia dos produtos naturais para o ser humano.
  • Obradoiro de modelado con barro
    Construción de pezas de barro con ese material e os instrumentos adecuados. Os participantes conciéncianse do avance tecnolóxico dos últimos anos e, ao mesmo tempo, favorécese o seu desenvolvemento autónomo no plano artístico.
  • Novo! Xogo de pistas arredor da exposición
    Mediante pistas, os participantes buscan información nos paneis e van respondendo a diferentes preguntas. Ao final todos xuntos completan os resultados nun libro do xogo.